Sunday 28 de April de 2024

Ana Lojo Chan presenta na Pobra o seu poemario 5


O mes de marzo comeza na Pobra do Caramiñal cunha nova presentación literaria. O público pobrense terá a ocasión de coñecer máis polo miúdo o poemario 5, de Ana Lojo Chan. A cita terá lugar no 1 de marzo, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Xunto coa autora compartirán a mesa a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a escritora Marta Ojea.

O libro convida a desfrutar da vida cos 5 sentidos; unha evolución dende a tristeza a pensamentos máis optimistas.

O acceso é libre ata completa-la cabida.